Teixeiro

TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

Participación protagónica coa obra de Ánxeles Penas

 

E digovos:

Si eu tivese o carreiro para chegar a Prometeo

basoiraría a sombra que vos pon pesadelos nas meniñas,

a noite tecida cos fíos do medo

que nalgún tempo argallastes

-non sei cándo-,

deuses do escuro,

sombra das nais abraiadas que paren si saber

 

Pois é xa tempo de sachar as searas da vida

para que naza trigo dourado,

maínzo que faísca ao sol, vendima ardente

 

Pois é xa tempo de baleirar o pozo mouro,

de quitarlle o loito ás augas

É xa tempo da loita co Leviatán langrán

que inza a terra facéndoa formigueiro de terrores

 

É xa tempo

 

E pregúntolle á poesía polo sentido,

pero a poesía é coma o mendiño tirado na aceira:

unha demanda na desolación,

unha man que se alonga cara o frío da tarde

e que fica, aterecida de espazo, no grisallento solpor

 

Ela é este branco silencio do papel

                                                          coas interrogantes todas,

                                                          esta claridade agardando,

                                                          esta nevada restreba

que un quixera sementar de verbas criadoras, de versos acesos coma soles en sazón

 

para parir non se sabe qué leiras de sentido,

qué ringleiras de pensamentos que canten a inocencia

 

Así, debullo as letras coma millo

no goxo dos enigmas que atopei cando nacín

E remexo os alfabetos coma se fai coa sorte,

pois o sentido está alén das verbas

e do canso xesto dos escribas,

alén do meu oficio de remexer

 

Ánxeles Penas

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte