Ribadeo
transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
reCOÑECENDO Ribadeo
As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra “caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, polideportivo, … ou parque infantil). Esta é a súa relación coa súa contorna.
Sandra González Álvarez
Comezouse a traballar coa PERCEPCIÓN, como perciben os futuros habitantes a súa vila ou cidade?, para iso propóñenselle ás nenas e nenos participantes no proxecto: que con debuxos sinxelos móstrennos cales son os elementos fundamentais ou de especial interese para elas e eles, desta maneira saberemos cal é a súa visión da súa vila ou cidade, e así poder traballar a visión colectiva de todos os participantes.
Unha boa acupuntura urbana sería a que fixese que todos coñecesen a súa cidade. Cantas persoas, en realidade, coñecen a súa propia cidade? Dificilmente alguén respecta o que non coñece. Pero como respectar á túa cidade se non a comprendes?. Debuxa a túa cidade. […] Pero como podes mellorar a túa cidade se nin sequera coñécela ben? Que fas por ela, se nin sequera es capaz de debuxala? Ese é o quid da cuestión.
Jaime Lerner
Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.