
ARZÚA
transformando a vila coa participación protagónica
traballando con elementos tridimensionais
“A oportunidade de que a nena e o neno descubran o seu propio movemento forma parte da cidade en si; a cidade tamén é un espazo de xogo. A nena e o neno utilizan todos os elementos da cidade, todos os obxectos construídos, todas as superficies polas que pode agatuñar ou trepar. As nenas e os nenos saben xogar moi ben con estas cousas, aínda que non teñan permiso para iso.”
Aldo van Eyck
“A Vila do Maña” traballa con elementos tridimensionais basándose no “terceiro don” de Froebel.
Na arquitectura temos de referencia a Froebel, a través de Frank Lloyd Wrigth que foi educado con este método. Trátase dun sistema baseado na creatividade e intuición da nena, neno a través da experiencia directa, o xogo e a natureza. Crea un recurso pedagóxico baseado en “dons” e “ocupacións”. Os “dons” son materiais pedagóxicos que non cambian pero transfórmanse; as ocupacións son actividades na que as nenas, nenos xogan mediante a transformación dos obxectos que manipula. Os “dons” son precursores dos bloques de construción da actualidade (Lego, Tente, …).

Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.