RIANXO

como é a túa vila? que elementos destacarías?

ENMARCANDO RIANXO

O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.

Neste caso trabállase coa percepción, ca do propio corpo e da contorna que os rodea. Entendendo como perciben a súa vila, tratamos de provocar nas nenas, nenos e adolescentes unha nova visión dos espazos cotiás, buscando romper co coñecido e que poidan ver os mesmos lugares con outros ollos.

Ao enmarcar un elemento automaticamente dáselle unha gran importancia. Para entender como se percibe a vila e cales son aqueles lugares que se aprecian, sáese a “deriva” cun gran marco dourado, para que no noso deambular vaian enmarcando aqueles elementos urbanos que son importantes para as nenas, nenos e adolescentes. Mediante esta estratexia podemos comezar a intuír o seu criterio á hora de entender o seu hábitat.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte