Santiago de Compostela
COLOREANDO A TÚA CIDADE
COÑECENDO SANTIAGO DE COMPOSTELA
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
A realidade de hoxe en día é que a conexión natural entre os nenos e seu hábitat, o lugar onde crecen e se desenvolven, a cidade ou a vila na que viven, está diluída e apenas existe, temos que entender a cidade a través dos seus ollos.
Necesitamos descubrir se en verdade son coñecedores do seu hábitat, se comprenden os espazos que os compoñen, se son capaces de situar os lugares máis frecuentados dentro da trama urbana ou se ocorre o contrario, se a cidade é un elemento alleo a súa existencia, un ente estraño, descoñecido.
As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra ‘”caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, polideportivo, .. ou parque infantil). Esta é a súa relación coa súa contorna.
Sandra González Álvarez