Primeira edición
Ferrol
Entendemos a vila como un taboleiro de xogo, como lugar de encontro e como laboratorio de aprendizaxe para as nenas, nenos e adolescentes, a través das ferramentas propias da infancia como son o seu propio movemento e o xogo. Teñen que descubrir, vivir, coñecer e valorar o seu hábitat para poder actuar nel como unha cidadanía activa, fomentando así a participación protagónica dende a infancia.
FERROL

A importancia do lugar
Queremos que as nenas, nenos e adolescentes aprendan a mirar o lugar onde habitan, tendo con eles dúas poderosas ferramentas: a ARTE e a ARQUITECTURA. Son dous elementos que nos serven para entender o mundo e, o máis importante, tamén para transformalo.