
Malpica
transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
TRABALLANDO COA LIÑA
“Habitar, para o individuo ou para o grupo, é apropiarse de algo. Apropiarse non é ter en propiedade, senón facer a súa obra, moldeala, formala, poñer o selo propio. Habitar é apropiarse dun espazo […] Con este termo [apropiación] non nos referimos a propiedade; é máis, trátase de algo totalmente distinto; trátase do proceso segundo o cal un individuo ou grupo aprópiase, transforma no seu ben, algo exterior.”
Henri Lefebvre
“A Vila do Mañá” xorde do dereito á cidade, tal como defendía Henri Lefebvre, polo que as persoas que habitan nela teñen dereito ao seu goce, á súa transformación e a que reflicta a súa maneira de entender a vida en comunidade. Dende este punto de vista, como non incluír o dereito de nenas, nenos e adolescentes á súa vila? Por iso, considerase o espazo público como un espazo común de aprendizaxe e construción colectiva no que a infancia e a adolescencia tamén debe ter cabida.

Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.