
VIGO
TRANSMORFANDO O BARRIO COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
o BARRIO COMO TABOLEIRO DE XOGO
“Cada cidade ten a súa historia, os seus puntos de referencia. Non me refiro só a aquelas construcións que se clasifican como marcas importantes do patrimonio histórico da nación. Refírome, principalmente, aos lugares que pertencen á memoria da cidade e que son puntos fundamentais da súa identidade, do sentimento de pertenza a unha cidade. Xa sexa unha fábrica, unha parada do antigo tranvía ou unha daquelas tendas de comestibles que o tiñan todo inxenuamente exposto.”
Jaime Lerner
O dereito da infancia e da adolescencia a PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.
Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA e ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir, tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.

Colorea a túa Cidade
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.