
Vilagarcía
PARK(ING)
REPENSANDO ESPAZOS DA CIDADE
Unha intervención levada a cabo na Rúa Arapiles e na Praza da Independencia, ocupando as áreas de estacionamento habitual, baleirándoas dos coches e transformándoas en pequenas zonas de estar.
Usáronse palets para levar a cabo esta intervención efémera, debida a súa habilidade para ser versátiles, adaptables, flexibles no espazo e a súa montaxe…, porque están feitos dun material illante, a madeira, que contrasta coa dureza do asfalto…, e os cales poden ser facilmente reciclados e reutilizados noutras situacións.
A intervención permaneceu durante toda a Semana da Mobilidade, e foi o punto de encontro da maioría das actividades.

Colorea a túa Cidade
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.