Pontevedra

 

Transformando a vila coa participación protagónica

Traballando coa escala

 

Hai uns anos, nun contexto no que medir as distancias entre os corpos se fixo urxente, en A Vila do Mañá sacamos os flotadores á rúa.
Servíronnos para facer visible o espazo invisible, ese que ocupamos en decatarnos, ese que nos separa ou nos xunta.

Hoxe recuperamos os flotadores, pero dende outro lugar: non como defensa, senón como ferramenta de percepción, non para marcar distancias, senón para medir presenza, escala e dereito ao espazo público.

Canto ocupa un corpo en movemento?
Canto espazo necesita unha persoa para camiñar, deterse, xogar ou falar sen ter que apartarse?

En Pontevedra, unha cidade que leva anos poñéndose ao lado das persoas, saímos a comprobalo.
Queremos facer visible o que xa está a funcionar, e tamén aquilo que aínda pode mellorar.

Os flotadores, coa súa forma lúdica e o seu volume envolvente, axúdannos a sentir o espazo co corpo, a experimentar a cidade desde a escala humana, e a preguntarnos colectivamente:

Está a miña cidade pensada para min?

Colorea a túa cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte