sILLEDA 

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

Como é a túa vila? que elementos destacarías?

“Unha boa acupuntura urbana sería a que fixese que todos coñecesen a súa cidade. Cantas persoas, en realidade, coñecen a súa propia cidade? Dificilmente alguén respecta o que non coñece. Pero, como respectar a tu cidade se non a comprendes?. Debuxa a túa cidade. […] Pero, como podes mellorar a túa cidade se nin sequera a coñeces ben? Que fas por ela, se nin sequera es capaz de debuxala? Ese é o quid da cuestión.”

Jaime Lerner

Comézase a traballar coa PERCEPCIÓN. Como perciben os futuros habitantes do lugar a súa vila ou cidade?, para iso propónselles aos participantes que con debuxos sinxelos nos mostren cales son os elementos fundamentais para eles, ou de especial interese da súa vila ou cidade. Deste xeito saberemos cal é a súa visión do lugar que habitan e así poder traballar a visión colectiva de todos os participantes.

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte