silleda
Transformando a vila coa participación protagónica
traballando coS elementos NATURais
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
Neste caso trabállase coa sustentabilidade, reflexionando sobre a forma na que nos relacionamos co planeta e facendo conscientes as nenas, nenos e adolescentes de que o sustentable consiste nun equilibrio entre aquilo que nos permite desenvolver a nosa vida e o que non compromete a supervivencia das futuras xeracións. E así, darnos conta de que só temos un planeta con recursos limitados que hai que coidar.
Trabállase cos elementos naturais como ferramenta necesaria, trátase da interacción entre a paisaxe construída e a paisaxe máis natural, así como dos territorios intermedios. De entender cómo as persoas construímos a paisaxe e cómo a paisaxe tamén nos constrúe.
Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.