TOURO

TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

Traballando coa Literatura Galega, Rosalía de Castro

Nun lugar carente de referencias identitarias potentes (onde o principal elemento de memoria colectiva era unha discoteca en desuso), o proxecto parte dunha infraestrutura latente: o rueiro da vila, cuxos nomes renden homenaxe a autoras e autores da literatura galega. A partir desa cartografía cultural, A Vila do Mañá converte a palabra en infraestrutura, e a literatura en ferramenta de activación urbana.

As propias figuras de nenas, nenos e adolescentes (as súas siluetas, corpos e xestos) convértense en protagonistas visuais do espazo urbano. Non se trata de representalos, senón de que eles mesmos se inscriban na paisaxe coa súa escala, a súa linguaxe e a súa presenza viva. A súa imaxe ocupa fachadas, paredes e muros, intervindo o contorno rural coa súa identidade colectiva e a súa potencia simbólica.

Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte