ARZÚA
TRABALLANDO COA ESCALA
CÁNTO É UN METRO E MEDIO?
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
La Opinión A Coruña 07/09/2020
“Cuánto é un metro e medio?”
“Co programa ‘A Vila do Mañá’, Sandra González analiza o deseño das cidades e se están adaptadas ás novas medidas derivadas do Covid-19. Para comprobalo, saíu á rúa, en Arzúa, con nenos e nenas que utilizaron flotadores para medir a distancia de seguridade. “Moitas veces non hai por onde camiñar”, indica a arquitecta coruñesa
“Cantas persoas saben canto é un metro e medio?”, pregúntase a arquitecta coruñesa Sandra González, creadora e directora do programa A Vila do Mañá, co que analiza, xunto aos máis pequenos, o deseño das cidades e impulsa a recuperación de espazos para os peóns. A iniciativa suma agora un novo condicionante: manter a distancia de seguridade para evitar contagios. “Estamos nunha nova situación, unha nova realidade, e temos que ver se as cidades están adaptadas para as novas medidas”, expón.
Para comprobalo, pasea con nenos e nenas por rúas e avenidas. Esta fin de semana foi a quenda de Arzúa. Como accesorios para o paseo, máscara e flotador. “Puxémoslles aos participantes flotadores dun metro e 30 centímetros para que fosen conscientes da distancia que hai que manter, sobre todo agora que empezan o colexio”, conta.
Moitos se sorprenderon ao comprobar o lonxe que se atopaban uns doutros. Pero ese non era o obxectivo da actividade, senón saber se as cidades están preparadas para esta nova realidade. “Nalgunha rúa pequena case nin entrabamos”, revela a arquitecta, á que lle gustaría levar esta iniciativa a “cidades máis grandes”.
É a primeira vez tras o confinamento que A Vila do Mañá entra en acción, pois moitas actividades “tiveron que cancelarse” polo incremento de contagios. Sandra González defende que a pandemia demostrou que “se necesitan máis espazos para os peóns”. “É momento de reformular as cidades. Non escapar ao campo. A cidade ten que ter unha nova identidade. Que sexa o que ten que ser, é dicir, para as persoas”, resume.
Nos seus paseos cos máis pequenos, a arquitecta comproba que “moitas veces non hai por onde camiñar”. “As cidades non están adaptadas. Pídennos que nos concienciemos por l coronavirus, pero na maioría das rúas é imposible. As beirarrúas adoitan ser dun metro de ancho, ao que hai que sumar as terrazas e os coches”, indica.
Nace así unha “nova oportunidade” para as cidades. “Como A Coruña, que está a tentar peonalizar algunhas zonas”, pon como exemplo, á vez que aposta por “humanizar todo un pouco máis” para que estes sitios “recuperen a súa identidade”. Unha idea que transmite sempre aos participantes dos talleres. Ata o mércores seguirá explorando Arzúa e Sandra González xa pensa no seguinte reto.”