TOURO
TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
Traballando coa Literatura Galega, Castelao
Nun lugar carente de referencias identitarias potentes (onde o principal elemento de memoria colectiva era unha discoteca en desuso), o proxecto parte dunha infraestrutura latente: o rueiro da vila, cuxos nomes renden homenaxe a autoras e autores da literatura galega. A partir desa cartografía cultural, A Vila do Mañá converte a palabra en infraestrutura, e a literatura en ferramenta de activación urbana.
As propias figuras de nenas, nenos e adolescentes (as súas siluetas, corpos e xestos) convértense en protagonistas visuais do espazo urbano. Non se trata de representalos, senón de que eles mesmos se inscriban na paisaxe coa súa escala, a súa linguaxe e a súa presenza viva. A súa imaxe ocupa fachadas, paredes e muros, intervindo o contorno urbano coa súa identidade colectiva e a súa potencia simbólica.
Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.