Arteixo

 

Traballando co PLANO

experimentando con texturas

Neste caso trabállase co plano como ferramenta necesaria, con el modifícanse os seus espazos, contendo neles as súas obras e apropiándose do espazo da vila a través das propias transformacións.

Trabállase o plano horizontal, experiméntase, xógase con el. Cremos que o chan é un elemento fundamental nas nosas cidades, non é o mesmo vivir sobre asfalto que sobre herba, para iso podemos analizar a experiencia vivida na Praza Maior de Madrid, que con motivo do cuarto centenario da súa creación, SPY cobre o centro da praza cun círculo de céspede artificial de setenta metros de diámetro. Durante os dous días que dura a intervención, os madrileños redescubren novos usos para a praza centenaria, o espazo cambia e así o fan os usos, sentan, déitanse, xogan ou descálzanse…

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte