rianxo

 

TRANSFORMANDO A VILA

TRABALLANDO COA ESCALA

O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.

Neste caso trabállase ca escala, da humana e da vila. Pártese de tomar conciencia das súas propias dimensións corporais para poder aproximarse a outras dimensións como a da vila e a do territorio. É un percorrido perceptivo que situamos entre a man, que representa o próximo ao seu corpo, e o horizonte, o afastado que alcanza a vista. Humanizando así os espazos ca súa propia escala, vivindo, xogando e cambiando o seu lugar como parte da cidadanía activa.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte