Santiago de Compostela
TRANSFORMANDO o espazo
TRABALLANDO CO PUNTO
Traballamos co punto como ferramenta elemental, baseándonos en Kandinsky, e permitiranos a invasión de espazos.
Utilizaremos como punto, os globos, elemento co que estamos familiarizados dende cativos.
“Na nosa percepción o punto é a ponte esencial, único, entre palabra e silencio. […] O punto é ademais, no seu exterior, o elemento práctico, utilitario, que dende nenos coñecemos. O signo exterior vólvese costume e escurece o son interior do símbolo. […] O son do silencio cotián é, para o punto, tan estridente, que se impón sobre todas as súas demais propiedades.”
Kandinsky
Colorea a túa Cidade
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.