
As Pontes
transformando a vila
traballando CON elementos tridimensionais
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
Neste caso trabállase co espazo, sendo o corpo que percorre e xoga nos espazos con todos os sentidos despregados, a través da experimentación da luz, a textura, a cor, o son… transformando os espazos públicos en comúns.

Colorea a túa Cidade
A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.