BARBADÁS
transformando O ESPACIO VETADO
traballando coa liña
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
Neste caso trabállase coa liña como ferramenta necesaria, con esta foméntase a acción transformadora dos espazos, modificando as rúas e enchéndoas de cor, sendo un novo lugar de xogo e xerando unha nova identidade.
“A liña xeométrica é un ente invisible. É a traza que deixa o punto ao moverse e é por tanto o seu produto. Xorde do movemento ao destruírse o repouso total do punto. Demos un salto do estático a dinámico.[…] Tal é a recta, que na súa tensión constitúe a forma máis simple da infinita posibilidade de movemento.”
Kandinsky