XARÍO

Transformando a vila coa participación protagónica

traballando coa escala

“Eu enfronto a cidade co meu corpo; as miñas pernas miden a lonxitude dos soportais e o longo da praza; a miña mirada proxecta inconscientemente ao meu corpo sobre a fachada da catedral, onde deambula polas molduras e os contornos, sentindo o tamaño dos entrantes e saíntes; o peso do meu corpo atópase coa masa da porta da catedral e miña man agarra o tirador da porta ao entrar no escuro baleiro que hai detrás. Síntome a min mesmo na cidade e a cidade existe a través da miña experiencia encarnada. A cidade e o meu corpo compleméntanse e defínense o un ao outro: Habito na cidade e a cidade habita en min.”
Juhani Pallasmaa

 

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.

Artigo 11. Cidadanía activa. 1. Os poderes públicos deben promover o dereito dos nenos e os adolescentes para participar activamente na construción dunha sociedade máis xusta, solidaria e democrática. 2. Os poderes públicos deben fomentar a solidariedade e a sensibilidade social para que se incremente a participación social dos nenos e os adolescentes e xérense espazos sociais novos que dinamicen a participación responsable deste sector da poboación e favorezan a convivencia e a integración social no ámbito veciñal e local. (Ley 14/2010, de 27 de mayo, de los derechos y las oportunidades en la infancia y la adolescencia. Publicado: BOE núm. 156, de 28/06/2010 )

Colorea a túa Vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte