Ferrol

transformando a cidade COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

Que hai ó outro lado do muro?

“Unha boa acupuntura urbana sería a que fixese que todos coñecesen a súa cidade. Cantas persoas, en realidade, coñecen a súa propia cidade? Dificilmente alguén respecta o que non coñece. Pero, como respectar a tu cidade se non a comprendes?. Debuxa a túa cidade. […] Pero, como podes mellorar a túa cidade se nin sequera a coñeces ben? Que fas por ela, se nin sequera es capaz de debuxala? Ese é o quid da cuestión.”

Jaime Lerner

Enténdese o Muro do Arsenal como unha gran barreira, unha fronteira que separa dúas cidades, expónselles esta problemática aos nenos mediante un xogo, Que pensades que hai “ó outro lado do muro”? 
Tras analizar os debuxos e tras unha serie de tolas ideas do que hai tras o muro, móstrasenos unha realidade coa que conviven todos os habitantes de Ferrol, o descoñecemento dunha gran parte da súa cidade.

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte