Rianxo
TRANSFORMANDO A VILA
TRABALLANDO COA PERCEPCIÓN
Propónselles o uso dun papel tipo espello co obxectivo de que o utilicen para mostrarnos novas realidades de Rianxo ao mesmo tempo que o percorren e analizan.
Adivinas cales foron os resultados?
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
Neste caso trabállase coa percepción, ca do propio corpo e da contorna que os rodea. Entendendo como perciben a súa vila, tratamos de provocar nas nenas, nenos e adolescentes unha nova visión dos espazos cotiás, buscando romper co coñecido e que poidan ver os mesmos lugares con outros ollos.
“Pero a liña esconde entre as súas outras propiedades, e en última instancia, o profundamente oculto desexo de procrear un plano, converténdose así nun ente máis denso, máis pechado en si mesmo. […] Cando morre a liña, en en que momento xorde o plano? […] Por plano básico enténdese a superficie material chamada a recibir o contido da obra. […] O plano básico esquemático está limitado por 2 liñas horizontais e 2 verticais, e, adquire así, en relación ao ambiente que o rodea, unha entidade independente.”
Kandinsky