Como volver facer que a VILA OU CIDADE sexa…
o noso sitio,
o noso lugar
“A Vila do Mañá” é un proxecto de acción, divulgación e educación cuxo obxectivo é que dende a infancia e a mocidade, e a través do xogo, se tome conciencia de tódalas escalas do común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe, fomentando a participación protagónica como parte dunha cidadanía activa.
Como se desenvolve “A Vila do Mañá”
Partimos de que cada vila ten unha identidade propia, polo que as accións para cada un dos lugares nos que actuamos son diferentes, pero sempre cunha mesma base.
Novas
VILAS
A vila na que estamos a traballar convertida nun taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, no que as nenas, nenos e adolescentes poidan descubrir dende un novo punto de vista a súa contorna a través da arte e a arquitectura.

Colorea a túa VILA
Queremos que as nenas, nenos e adolescentes aprendan a mirar e transformar o lugar onde habitan, tendo con eles duas poderosas ferramentas: a ARTE e a ARQUITECTURA.