Ribeira
Traballando co PLANO
experimentando con texturas
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
Neste caso trabállase co espazo, sendo o corpo que percorre e xoga nos espazos con todos os sentidos despregados, a través da experimentación da luz, a textura, a cor, o son… transformando os espazos públicos en comúns.
“O propósito da arte é o de impartir a sensación das cousas como son percibidas e non como son sabidas (ou concebidas). A técnica da arte “estrañar” aos obxectos, de facer difíciles as formas, de incrementar a dificultade e magnitude da percepción non é estético como un fin en si mesmo e debe ser prolongado. A arte é unha maneira de experimentar a calidade ou esencia artística dun obxecto; o obxecto non é o importante.”
Viktor Shklovski