Taboleiros de Xogo

 

Cada lugar no que traballamos dá lugar a un taboleiro de xogo único, construído a partir dos elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos, artísticos e culturais que nenas, nenos e adolescentes recoñecen como parte da identidade da súa vila ou cidade.

Os taboleiros transforman eses elementos en pezas para xogar, descubrir e compartir o patrimonio e a memoria de cada lugar, converténdose tamén nunha ferramenta para seguir coñecendo a cidade máis alá das accións de “A Vila do Mañá”.

Neste espazo podes consultar e descargar os taboleiros creados nas distintas vilas e cidades nas que desenvolvemos o proxecto.

Grazas polo teu aporte