São Paulo
TRANSFORMANDO A OCUPAÇÃO 9 DE JULHO
TRABALLANDO ELEMENTOS NATURAIS
Proponse a concienciación sobre a inclusión do verde na cidade mediante a creación e a plantación de bombas de sementes, desenvoltas polo naturalista nipón Masanobu Fukuoka.
Para a realización da actividade, propónselles aos nenos a creación destas bombas, que se compoñen dunha parte de arxila, abono natural, e unha mestura de sementes complementarias, neste caso utilizouse a chamada mestura azteca (xudías, millo, cabaza, …).
Queremos reflexionar sobre a forma na que nos relacionamos co planeta. Facer aos nenos conscientes de que o sustentable consiste nun equilibrio entre aquilo que nos permite desenvolver a nosa vida e o que non compromete a supervivencia das futuras xeracións. Así, darnos conta de que só temos un planeta con recursos limitados, e que é imposible manter o noso ritmo de consumo actual.