Rianxo

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

 

reCOÑECENDO Rianxo

 

 

 

A vida cotiá de moitas nenas, nenos e adolescentes transcorre entre diferentes “caixas”: a casa, o coche como caixa móbil e os espazos de destino —o colexio, o centro comercial, o polideportivo ou o parque infantil—. Entre unhas e outras, a rúa, a praza e os espazos públicos convértense con frecuencia en lugares de paso. Recuperar a relación coa contorna implica volver mirar, percorrer e recoñecer a vila como un lugar propio.

Sandra González Álvarez

 

 

Comezamos traballando coa PERCEPCIÓN: como ven nenas, nenos e adolescentes a vila ou cidade na que viven? Que lugares recoñecen? Cales son importantes para elas e eles? Que elementos forman parte da súa memoria e da súa identidade?

A través de debuxos sinxelos, o grupo participante representa aqueles lugares, edificios, espazos e elementos que considera significativos. Estes primeiros rexistros permítennos achegarnos ás distintas maneiras de percibir a vila ou cidade e construír, a partir das miradas individuais, unha visión colectiva da vila.

Debuxar convértese así nunha primeira ferramenta para mirar con atención, recoñecer e compartir aquilo que forma parte do lugar que habitamos.

 

Unha boa acupuntura urbana sería a que fixese que todos coñecesen a súa cidade. Cantas persoas, en realidade, coñecen a súa propia cidade? Dificilmente alguén respecta o que non coñece. […] Pero como podes mellorar a túa cidade se nin sequera a coñeces ben? […] Ese é o quid da cuestión.

Jaime Lerner

Grazas polo teu aporte