Rianxo

 

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

 

 

Rianxo a través do marco

 

 

 

 

IES Felix Muriel

“Rianxo é un pobo moi bonito, tranquilo… para min é o mellor”

“Esta praza é a praza de todas as prazas (…) penso que é moi significativa para min e para todos os que vivimos aquí”

“Un dos sitios que máis me gusta seguramente sexa a praia de Tanxil e Tronco, o muelle e quizáis o Campo de Arriba. (…) As vilas mariñeiras todas teñen un encanto excepcional, temos todo, temos monte, temos mar, temos cultura mariñeira… e despois temos unha parte moi importante que é que é unha vila de ilustres escritores (…)”

“Para estar, a min o que máis me gusta é na beira do mar, gústame Tanxil, a praia do pazo, a praia de Taragoña, as cunchas, todas as praias de Rianxo me gustan”

“Para min é unha das prazas máis bonitas que hai en Rianxo, todo Rianxo me gusta pero esta praza é especial”

“Nesta praza xogábamos cando éramos rapaces (…) aquí no verán hai moitos concertos, a procesión de semana santa…por que esta praza é una praza moi enxebre, moi acolledora”

“Non se pode perder a memoria, un país que non ten pasado é un país que non ten futuro”

 

“Esta praza gustame porque ten o seu encanto (…) aquí pasei moitas horas de nena neste cruceiro sentada coas amigas charlando e vendo pasar o día”

“Teño xogado moito de pequena nesta praza porque non pasaban os coches”

“Rianxo é unha zona moi bonita de mar”

“Rianxo é un pobo moi bonito, moi tranquilo, con paisaxes moi bonitas para vir e unhas praias preciosas”

“Para min Rianxo é o mellor pobo”

“Esta praza é interesante porque o día do Feirón temos aquí as actuacions dos grupos de baile de Rianxo (…) sempre está interensante vir botar un ollo. Alí abaixo cantamos o paxaro pinto e logo veñen aquí a bailar”

“Cando éramos cativas había concertos, había festa, había moita xente fora, a verdade é que había moita rapazada nas rúas, hoxe hai menos”

“Estamos aquí na praza da Igrexa, hoxe coñecida por a praza de Dieste, temos frente a nos unhas casas restauradas donde aparece un cemiterio da baixa idade media (…), temos o Pazo do Martelo (…) e estamos moi cerca das casas de Dieste, de Manuel Antonio, de onde viviu a familia Castelao (…) Rianxo tenche moita historia”

“O Bar A Motora leva o nome por unha motora que había que iba a Vilagarcía porque non había a ponte de Catoira e íbamos en barco hasta Vilagarcía e chamábase a motora”

“De Rianxo gústame todo, gústame que é como unha aldea, coñecemonos todos, un pobo moi bonito e moi agarimoso”

“Gustaríame que non se perdese a música, o baile, todo no que aquí a xente nova está moi implicada”

“As novas xeracións diríalles que se impliquen e que fagan o que facían os maiores, que pregunten na casa, que entrevisten aos maiores para que sigan as cousas como se facían antes” 

“A Virxe de Guadalupe trouxoa un mariñeiro que era de Argentina, que aqui non había antes Guadalupe”

“Aquí teño xogado moito de pequeno (…) xogábamos á estornela, xogábamos ás bolas, aos pinchos, aos cartóns…”

“O que máis me gusta desta praza é o ambiente, a tranquilidade, o bonito que é, sentir os paxaros, estase moi ben aquí”

“A min da vila gústame todo, porque é un pobo moi tranquilo, moi bo, con xente boa”

“Gustaríame que non se perdesen nunca as cousas galegas, os bailes, os cantares…”

“Agora as novas xeracións tedes moitas posibilidades de aprender co instituto porque fai anos cando eu tiven aos meus fillos, tiveron que ir a Ribeira, a Padrón a facer o bachiller e agora tendes a posibilidade de facelo aquí na vosa vila”

“Rianxo é precioso, a ría que temos, a outra banda… cando me levanto pola mañá e vexo reflexado o sol na outra banda é como unha postal. O mar non parece o mar, parece un espello”

 

 

“O máis importante de Rianxo é Castelao, eso sin lugar a dudas (…) toda a obra de Castelao están moi ben”

“Gústame a alameda, a praza de Castelao e logo todo o paseo marítimo e o Rianxo antigo, a praciña é quizais o máis bonito de Rianxo, sabedes que están as casa dos mariñeiros que son das poucas ou das que mellor se conservan de Galicia”

“Gústame moito esta zona do parque y sobre todo o porto que ten vistas moi lindas”

“Gustaríame que non se perdesen nunca os mariñeiros, que os novos se dedicaran ao mar como os vellos de antes. Estase perdendo o mar aqui en Rianxo (…) Antiguamente era un pobo moi pequeniño, chegaba o mar aquí ás casas e non habia motores, iban a vela, a remo, andaban ao xeito… e o pobo comezou a resurgir deso”

Grazas polo teu aporte