A vila do mañá creada por
SANDRA GONZÁLEZ ÁLVAREZ
(Carballiño), Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Actualmente doutoranda no Programa Oficial de Doutoramento en Arquitectura e Urbanismo da Universidade da Coruña e na Universidade Presbiteriana Mackenzie en São Paulo. Bolsa Iberoamericana de Investigación do Banco Santander 2017-2018.
O seu proxecto “A Vila do Mañá” foi seleccionado para formar parte da XII BIAU (Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo).
Mención de Honra nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 pola rehabilitación das Antigas Vivendas de Mestres de Rianxo.
Os seus proxectos: “A Vila do Mañá”, “FAB LAB na Coruña” xunto con “ARTEIXOworks” formaron parte dos contidos expositivos do Pavillón Español na Bienal de Venecia 2018 (16. Mostra Internazionale dei Architettura).
Premiada en concursos de ámbito nacional e internacional:
_ Mención de honra á categoría Metodoloxías no concurso Proxectos educativos Ludantia. I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Mocidade co proxecto “A Vila do Mañá”.
_ Premio COAG XVII na categoría Proxecto Fin de Carreira co proxecto “FAB LAB na Coruña”.
_ Mención de honra no concurso International Shopping Plaza Concept Design Competition 2015-2016 co proxecto: “Why not?”, Architecture and Culture Society of China, Wanda Commercial Planning e Research Institute, Urban Environment Design (UED).
_ Mención de honra no concurso HYP CUP 2013 International Student Competition in Architectural Design co proxecto: “Stitches” Urban Environment Design (UED).
_ Mención de Honra en 24H 5th edition. Aspace inspace. IdeasForward.
_ 2º Premio no concurso III Steelcase para Estudiantes de Arquitectura 2013.
_ 1º Premio no concurso de ideas DISTRITO ACTIVO, Arquitectos Sen Fronteiras Galicia e COAG
_ 1º Premio AGP de Arquitectura, Asociación Galega de Pizarristas.
_ 1ºPremio INRS (Institut National de Recherche et Sécurite) Programa Internacional IACOBUS Rehabilitación do Patrimonio Europeo.
Dirección de cursos e talleres:
_ 2016-2023. Creación, coordinación e dirección dos talleres de “A Vila do Mañá”: Arquitectura, Urbanismo e Paisaxe para a infancia e a mocidade, Rianxo, Bertamiráns, Milladoiro, Verín, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Mondoñedo, Bueu, Carballo, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Malpica, Buño, A Coruña (Liceo La Paz), Santiago de Compostela (Centro Sociocultural de Santa Marta e Biblioteca Pública Ánxel Casal), Arzúa, Silleda, Barbadás, Touro, As Pontes de García Rodríguez, Teixeiro, Curtis, Vimianzo, Vigo (IES Alexandre Bóveda) e São Paulo (Ocupação 9 de Julho).
_ 2014-2017. Dirección dos cursos de verán da Universidade da Coruña: “ESTRATEXIAS DE REHABILITACIÓN”, nas súas catro edicións, Rianxo.
_ 2012-2014. Dirección dos cursos de verán da Universidade da Coruña: “ESTRATEXIAS CIDADÁNS para os tempos da crise”, nas súas tres edicións, Carballo, Arteixo e Betanzos.
_ 2011. Dirección do curso de verán da Universidade da Coruña e a Fundación Vicente Risco: “Vivenda e espazos de relación nos núcleos tradicionais de Galicia, CASAS, ALDEAS e PARROQUIAS”, Allariz.
É autora ou editora da múltiples artigos e publicacións.
Realizou relatorios e comunicacións en diferentes congresos e seminarios tanto nacionais como internacionais.