RIANXO 

Participación protagónica en Rianxiño

PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA E URBANISMO TÁCTICO

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA ou CIDADE formando parte dunha CIDADANÍA ACTIVA, de tal forma que sexan partícipes e executores dos cambios na súa contorna.

Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA e ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir, tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.

Canal Barbanza 09/07/2022

O proxecto ‘A Vila do Maña’ recala en Rianxo.

A Vila do Mañá volveu a Rianxo, lugar onde ao longo dos últimos días estiveron realizando o seu traballo da man de diversos grupos de nenos. Trátase dun proxecto educativo cuxo obxectivo é que dende a infancia e a mocidade, e a través do xogo, se tome conciencia de tódalas escalas do común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe, fomentando a participación protagónica como parte dunha cidadanía activa.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte