SILLEDA
TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
Participación protagónica coa obra de Antón Alonso Ríos
As propias figuras de nenas, nenos e adolescentes (as súas siluetas, corpos e xestos) convértense en protagonistas visuais do espazo urbano. Non se trata de representalos, senón de que eles mesmos se inscriban na paisaxe coa súa escala, a súa linguaxe e a súa presenza viva. A súa imaxe ocupa fachadas, paredes e muros, intervindo o contorno urbano coa súa identidade colectiva e a súa potencia simbólica.
O rapás a pirmeira esmola
(…) camiño adiante, xa á vista do pobo de As Neves, un rapás que levaba unha cabra atada púxoseme a facer preguntas:
-E logo, canda a pedire?
-Si, ando a pedire.
-Mais leva un folico pequeno.
Antón Alonso Ríos
Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.