TOURO
TRANSFORMANDO A PAISAXE URBANA CON RAMÓN CABANILLAS
PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa CIDADE, de tal forma que serán partícipes e executores das ideas para un novo deseño dun espazo propio na súa cidade.
Para que exista ese protagonismo, a INFANCIA E ADOLESCENCIA debe reflexionar sobre a súa contorna (espazo no que desenrolan a súa vida), o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereito e a importancia que pode ter a súa participación como motor de cambio do resto da sociedade.
– ¿Tí en qué pensas, alma miña?
¿Alma tola, ti onde vas?
– ¡Meu corpiño, vou lonxe!
¡Onde sempre! ¡Vou alá!
Vou ver si verdexa o liño,
si ten gomos o parral,
si afollaron as pereiras,
si a fror dos laranxos cai.
Vou ver como creba o río
nas areas seus cristás,
si hai botóns roxos no trebo
e pendóns no milleiral
e si pintan as cereixas
e si callan as mazáns.
Vou ver si atopo receda
nos mallóns do salgueiral
e a cachear as silveiras,
anque me firan as mans,
buscando negras amorias
e niños de paspallás.
Quero ouír o barulleiro
ruxe-ruxe do pinal,
mollar os pés nos regueiros,
sentarme á veira do lar,
a estumballarme na erba
miuda do castañal
e andar a rolos entre ela
bicando o nativo chan.
Quero ouír cantar o cuco,
sentir o oubeo dos cans
e escoitar na lonxanía
aturuxos e alalás,
ó erguerse a lúa de prata
sobre a esmeralda do mar.
Quero rubir ós penedos,
canta que te cantarás,
cando o sol morno da tarde
doura os verdores do val,
e baixar, ó vir a noite,
camiño do meu fogar,
cando tocan as oracións
melancólicas campás…
¡Vou a ver os meus amores
que por min chamando están!
¡Vou a darlle un bico á lousa
onde dorme miña nai!
¡Vaite, almiña tola, vaite!
¡Ai, quén poidera voar!
Ramón Cabanillas