Explora a nosa visión das cidades sostibles a través de obradoiros de creatividade
Actividades para a infancia e a adolescencia: construír unha cidade sostible e promover a cidadanía crítica
Queremos dar voz aos que normalmente non a teñen, as nenas, nenos e adolescentes, impulsando o seu dereito para formarse un xuízo propio do hábitat no que viven e a expresalo e poñelo de manifesto para poder transformalo. Buscamos estimular o seu desenvolvemento como unha cidadanía activa polo que fomentamos a súa participación protagónica. Pois eles serán os responsables das vilas do futuro. Conformar, por tanto, as bases dunha cidadanía crítica.
“Nun tempo tivemos medo do monte. Era o monte de lobo, do ogro, da escuridade. Era o lugar onde nos podíamos perder. Cando os avós contábannos contos, o monte era o lugar preferido para ocultarse os inimigos, as trampas, as angustias. […] Nun tempo, sentímosnos seguros entre as casas, na cidade, co vecindario. Este era o sitio onde buscabamos aos compañeiros, onde os atopabamos para xogar xuntos. Alí estaba o noso sitio, o sitio onde nos escondíamos, onde organizábamos a pandilla, onde xogabamos as mamás, onde escondíamos o tesouro…[…] Pero en poucas décadas, todo cambiou. Houbo unha transformación tremenda, rápida, total, como nunca a viu a nosa sociedade (polo menos segundo consta na historia documentada). […] O monte pasou a ser belo, luminoso, obxecto de somos e desexos. A cidade, en cambio, converteuse en algo sucio, gris, monstruoso. […] nos últimos decenios, e dun xeito totalmente evidente nos últimos cincuenta anos, a cidade, nacida como lugar de encontro e de intercambio, descubriu o valor comercial do espazo e alterou todos os conceptos de equilibrio, benestar e comunidade para seguir soamente programas de beneficios, de intereses. Vendeuse, prostituíuse. […] A cidade é agora como o monte dos nosos contos.”
Francesco Tonucci
Os habitantes do mañá
A realidade de hoxe en día é que a conexión natural entre as nenas, nenos e adolescentes e o seu hábitat, o lugar onde crecen e se desenvolven, a vila ou cidade na que viven, está diluída, e apenas existe. Atopamos á infancia nas súas casas, vendo a tele, cos seus videoxogos, xogando nas súas urbanización valadas e vixiadas, trasladándose en coche e descubrindo a vila dende a súa xaneliña, onde o parque ou a praza foron sustituídos polo centro comercial. A vila é un medio hostil para eles, perderon a súa liberdade, que se ve limitada a certos recintos considerados como seguros e que son controlados polos adultos. Estamos a trasmitirlles a mensaxe do medo que se respira actualmente na sociedade, e como consecuencia, o lugar onde habitan, a vila ou a cidade, no son seguras para eles.
O xogo é unha actividade fundamental para o desenvolvemento das nenas e nenos. É un poderoso instrumento de aprendizaxe para actitudes, comportamentos e valores nunha sociedade. Durante a infancia aprendemos xogando, e, por iso, os talleres desenvolvéronse a través do xogo como ferramenta fundamental nestas idades. Buscamos unha aprendizaxe actuando na realidade, no local, abordando situacións espaciais que poden ser coñecidas de antemán e que se redescubren dende unha nova perspectiva. Tamén buscamos a acción a través do movemento da nena e neno, o descubrir o espazo dende a máxima liberdade do xogo.
Como se desenvolve “A Vila do Mañá”
O noso obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común, dotándolles das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a ARTE e a ARQUITECTURA, co fin de provocar neles o espertar dunha nova mirada e xerar vínculos de identidade cos espazos nos que habitan.
“Eu enfronto a cidade co meu corpo; as miñas pernas miden a lonxitude dos soportais e a anchura da praza; a miña mirada proxecta inconscientemente o meu corpo sobre a fachada da catedral, onde deambula polas molduras e os contornos, sentindo o tamaño dos entrantes e saíntes… Síntome na cidade ea cidade existe a través da miña experiencia encarnada. A cidade e o meu corpo compleméntanse e defínense un ao outro. Habito na cidade e a cidade habita en min.”
Juhani Pallasmaa
O seu hábitat convértese no seu taboleiro de xogo, traballando coa participación protagónica, invadindo espazos, rúas, prazas, edificios…e utilizando distintos materiais e enfoques, no que chamamos “urbanismo táctico“. Neses cinco días estúdanse os intereses arquitectónicos e paisaxísticos, recupéranse, vívense e, o que é o máis fundamental, gózanse, xerandose así un sentimento de identidade. A vila na que viven cambiou para elas e eles, é a súa vila, son os seus espazos.