Como volver facer que a VILA OU CIDADE sexa…

o noso sitio,
o noso lugar

“A Vila do Mañá”  é un proxecto de acción, divulgación e educación que busca recuperar, desde a infancia e a adolescencia e a través do xogo, a relación coa contorna que habitamos. Arquitectura, patrimonio, urbanismo e paisaxe convértense en ferramentas para coñecer, experimentar e transformar o común, fomentando unha participación protagónica como parte dunha cidadanía activa.

Como se desenvolve “A Vila do Mañá”

Partimos da idea de que cada vila e cada cidade teñen unha identidade propia. Por iso, as accións adáptanse a cada lugar e ao seu contexto, mantendo sempre unha mesma base metodolóxica.

VILAS

A vila na que traballamos convértese nun taboleiro de xogo e nun laboratorio de experimentación no que nenas, nenos e adolescentes descobren a súa contorna desde novas perspectivas a través da arte e da arquitectura.

Queres saber máis?
Escríbenos

Lin e acepto a política de privacidade

Grazas polo teu aporte