RiBeira
TRANSFORMANDO A CIDADE
TRABALLANDO CO PUNTO
O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos.
“Na nosa percepción o punto é a ponte esencial, único, entre palabra e silencio. […] O punto é ademais, no seu exterior, simplemente o elemento práctico, utilitario, que dende nenos coñecemos. O signo exterior vólvese costume e escurece o son interior do símbolo. […] O son do silencio cotián é, para o punto, tan estridente, que se impón sobre todas as súas demais propiedades.”
Kandinsky