Ribadeo

 

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

XeoRibadeo

1. Casa do óptico :

A Casa do Óptico é unha casa indiana da primeira década do século XX. O seu creador foi óptico de profesión. Foi un edificio adicado a ensinanza dende a súa creación e, na actualidade, é a sede da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

2. Casa de Sela :

A Casa da Sela é unha casa indiana construída en 1869. Segue un estilo ecléctico. Esta casa destaca pola súa grandeza, a sobriedade na decoración e a simplicidade de liñas.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

3. Capela da virxe do camino:

Esta capela está situada na rúa San Roque de Ribadeo. Un dato curioso deste edificio é que non se sabe cando se construíu e por quen. O seu nome ten relación coa súa localización, xa que, antigamente, a capela atopábase a beira do camiño que ía cara a Viveiro. Deste edificio, podemos destacar a súa nave cuberta con bóveda, o arco triunfal e a cúpula.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

4. Casa da calzada :

A Casa da Calzada é unha vivenda indiana con toques modernistas construída no ano 1910 pola familia Lanza. A torre da casa está destinada a ensinar a posición social da familia e a súa fachada e xardín teñen unha pegada francesa moi típica na época, tanto en Europa coma en América.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

5. Casa vermella :

Tamén coñecida como Casa Rosa, este edificio foi considerado erroneamente indiano en moitas ocasións. En realidade, trátase dunha construción modernista, con decorados vexetais moi elaborados. Ten unha elegante cúpula e a forma dos seus balcóns son redondeadas.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

6. Os Cocos :

Os Cocos son dous títeres xigantes que teñen máis de 150 anos. A súa característica máis particular é o seu gran tamaño: miden arredor de 3.50 metros. Son a parella máis representativa das festas de San Roque de Ribadeo, que se celebra a principios de setembro.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

7. Praza de abastos :

A Praza de Abastos é un edificio construído en 1935 que segue un estilo art déco. Neste edificio, cómpre destacar o seu exterior, no que atopamos unha decoración xeométrica, e o seu interior, que é moi amplo e está organizado en naves cruzadas. Hoxe en día, é o principal referente do comercio de produto fresco en Ribadeo.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

8. Igrexa parroquial Santa Maria do campo :

Esta igrexa foi parte dun convento franciscano e foi un templo medieval orixinalmente. Coa desamortización, a igrexa foi abandonada ata principios do século XX, cando se reforma e amplía. Actualmente, podemos atopar partes do antigo convento, como a disposición xeral do plano ou as lousas do chan.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

9. Casa do concello :

Este edificio foi o antigo Pazo do Marqués de Sargadelos, figura moi destacada en Ribadeo por ser o fundador da fábrica de Sargadelos e ter un papel moi importante na época da Ilustración. Este pazo convertiuse na Casa do Concello na posguerra civil. Na actualidade, a figura do Marqués de Sargadelos recíbenos amablemente cada vez que visitamos o concello.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

10. Torre dos Moreno :

Este edificio foi construído entre 1914 e 1915 a petición dos irmáns Moreno Ulloa. Unha vez rematada, a obra despertou admiración polo seu carácter innovador, xa que se utilizaron materiais pouco comúns para a época. A súa ornamentación tamén é destacable, xa que segue un estilo modernista. A súa icónica cúpula pode verse desde distintos puntos de Ribadeo, xa que o edificio está no solar máis elevado da vila.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

11. Fonte dos catro caños :

Esta fonte foi construída no ano 1849 en cantaría granítica. Consta dunha pía circular agás nun terzo, no que atopamos un bebedeiro enreixado metálico.

No centro, atopamos unha columna cadrada con molduras e con catro canos de auga.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

12.  Rúa de Antonio Otero :

Esta rúa é unha das máis importantes e emblemáticas de Ribadeo, xa que baixa dende o centro ata o porto. É unha rúa que, ademais das súas vistas, explica as distintas etapas históricas de Ribadeo. Nesta rúa atopábase no século XIX a casa náutica, e na actualidade podemos visitar a biblioteca pública municipal, a casa Bengoechea e a Casa do Patín, o edificio civil máis antigo de Ribadeo.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

13.  Casa do Patín :

A Casa de Patín é o edificio máis antigo de Ribadeo, aínda que do período medieval, só conserva a fachada (reformada no século XX). O seu escudo representa á liñaxe dos Méndez Navia, familia de orixe ribadense enriquecida co comercio de madeira para a construción naval no século XVIII. Hoxe en día, comparte patio coa Biblioteca Municipal.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

14.  Antiga aduana :

Este edificio foi orixinalmente construído como pazo. Ten un estilo borbónico, con unha torre na parte de atrás. É un edificio de tres plantas orientado cara o norte e a súa fachada principal está composta por tres grandes arcos de medio punto e vanos. O edificio tivo distintos usos, sendo alugada para ser a aduana durante un tempo moi breve no século XIX. Tivo moitos usos, entre eles, destaca o uso do edificio como Escola de nenos e nenas durante os anos 20 e 30 ata o comezo da Guerra Civil.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

15. Capela da Santísima Trinidade :

Esta capela foi construída no século XII por orde de Fernando II e é un dos templos máis antigos de Ribadeo. Está situada nun miradoiro con vistas á ría e ao porto, por iso esta igrexa ten un segundo nome: A Atalaia, un nome que indica o lugar no que antigamente se guiaba a navegantes con fachos.

Ademais de igrexa, tamén foi sede de reunións gremiais e consellos abertos. Ao carón da igrexa, podemos ver dous canóns que demostran o papel defensivo deste lugar.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

16. Ascensor panorámico :

Este ascensor baixa dende A Atalaia ou Igrexa da Santísima Trinidade ata o porto, nun descenso de 35 metros que conecta o casco histórico coa zona portuaria e o seu paseo marítimo.

Este proxecto foi levado a cabo no ano 2005 e, ademais de ser moi útil para baixar ou subir os 35 metros de desnivel, no seu interior podemos desfrutar dunhas vistas marabillosas do río Eo e dos arredores de Ribadeo.

Alumnado de 3ºPDC do IES DE Ribadeo Dionisio Gamallo

 

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Grazas polo teu aporte