transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
reCOÑECENDO Ribadeo
As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra “caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, polideportivo, … ou parque infantil). Esta é a súa relación coa súa contorna.
Sandra González Álvarez
Para entender como perciben a súa vila os que son e serán os seus habitantes, utilizaremos a seguinte estratexia: saímos á “deriva” cun gran marco dourado, para que no noso deambular vaian enmarcando aqueles elementos urbanos que son importantes para eles (experiencia que se basa na obra de O ́Grady). ¿Cales foron os protagonistas desta experiencia de “A Vila do Mañá”?, nesta ocasión ao seu deambular reDESCUBRÍRONSELLES lugares da súa vila, tal vez esquecidos.
Con “A Vila do Mañá”, a vila na que viven non é unha idea abstracta, nin unha serie de pequenas imaxes parciais; comeza a entenderse como un contorno moito máis complexo e amplo, que nos aproxima á noción de hábitat: o espazo que transcende á súa localización física nun territorio no que resolvemos as nosas necesidades, establecendo relacións con outras persoas e co medio, tanto natural como construído; implicando procesos en que se transforma, pero tamén somos transformados.