Touro

Nesta ocasión son as palabras as que invaden os espazos urbanos, as que transforman a contorna das nenas, nenos e adolescentes. En Touro baseándonos na toponimia que configura o seu núcleo poblacional máis importante, trátase de transformar a contorna cos relatos dos nosos literatos: Martín Códax, Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Eduardo Blando Amor, fomentando a participación protagónica, sendo as nenas. nenos e adolescentes os protagonistas da transformación.

TOURO

TRANSFORMANDO A PAISAXE URBANA, TRABALLANDO COA LITERATURA GALEGA

                Queremos que as nenas, nenos e adolescentes aprendan a mirar o lugar onde habitan, tendo con eles TRES poderosas ferramentas: a ARTE, a LITERATURA e a ARQUITECTURA. Son tres elementos que nos serven para entender o mundo e, o máis importante, tamén para transformalo.

Grazas polo teu aporte