VILAS
“A Vila do Mañá” é un proxecto de acción, educación e divulgación que promove a participación protagónica de nenas, nenos e adolescentes na comprensión e transformación da súa contorna. A través do xogo e de procesos colectivos, o proxecto busca xerar conciencia sobre as distintas escalas do común: arquitectura, patrimonio, urbanismo e paisaxe.
Ao mesmo tempo, propón unha mirada renovada desde a disciplina arquitectónica, incorporando as visións, ideas e decisións da infancia e da adolescencia como parte fundamental na construción da súa vila ou cidade. Así, “A Vila do Mañá” sitúa ás novas xeracións non só como observadoras, senón como protagonistas na imaxinación e transformación dos espazos que habitan.