VILAS E CIDADES

 

“A Vila do Mañá” é un proxecto de acción, educación e divulgación que promove a participación protagónica de nenas, nenos e adolescentes no coñecemento e transformación da contorna que habitan. A través do xogo, da experimentación e de procesos colectivos, o proxecto propón achegarse ás distintas escalas do común —a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe— desde a experiencia directa.

Ao mesmo tempo, propón incorporar á práctica arquitectónica as miradas, ideas e decisións da infancia e da adolescencia, recoñecendo a súa capacidade para pensar, imaxinar e participar na construción da vila ou cidade. Así, nenas, nenos e adolescentes deixan de ser unicamente observadores ou usuarios do espazo para converterse en protagonistas activos da súa interpretación e transformación.

Nesta páxina reunimos as vilas e cidades nas que “A Vila do Mañá” foi deixando pegada: territorios, experiencias e accións que mostran as distintas maneiras de mirar, habitar e transformar o común.

Grazas polo teu aporte