Xunta de Galicia 25/05/2018
“Contarase tamén coa participación de relatores como María Acaso, unha das voces de referencia en España e América Latina dentro da denominada Revolución Educativa. Pola súa banda o docente e director de coros Ramón Bermejo, que traballa sobre o canto coral como vehículo de integración na aula, explicará a súa experiencia dirixindo un coro formado por un milleiro de nenas e nenos en Navantia (Ferrol). Tamén estarán presentes a coordinadora e ideóloga do proxecto educativo A Vila do Mañá, Sandra González, a mestra de educación primaria Laura Lorenzo e o comunicador e director teatral Vicente Mohedano, que pechará InquEDU 2018 cun sorprendente discurshow didáctico.“