Que pasa na Costa 29/12
Fermosos, divertidos e moi educativos estes obradoiros que artella arquitecta Sandra González Álvarez, no marco do programa A Vila do Mañá, e apoiado por Apatrigal. Teñen pasado por Malpica ou Carballo, e Vimianzo é unha das paradas obrigatorias.
Esta semana, a rapazada vimiancesa é a protagonista deste programa de acción de urbanismo táctico para fomentar a participación protagónica dende a infancia, baseado nas ideas de Francesco Tonucci.
O Concello preparou este formato de conciliación para que a rapazada realice uns obradoiros de Nadal tremendamente formativos, dos que abren a mente das nosas criaturas.