TVG 07/08/2018 “Un cento de nenos de entre 3 e 12 anos participan durante esta semana en Vilagarcía nos talleres da Vila do Mañá. Trátase dun proxecto que pretende descubrir dunha forma lúdica a visión que teñen os máis pequenos das cidades en que viven e introducir ideas para modificalas.
O proxecto parte dunha idea de cidade en que os coches desprazaron as persoas. As cintas na antiga praza da peixería de Vilagarcía simbolizan obstáculos urbanos.
Os nenos exploran o lado lúdico, fano seu, e mañá invadirán unha rúa da vila para crear o seu propio espazo de ocio.“