Vía Láctea Comunicación 20/06/2017 “A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos acolleu hoxe a presentación de “A vila do mañá, Rianxo”, libro que recompila os obradoiros do programa “La ciudad del mañana” celebrados en decembro de 2016 na vila rianxeira
Sandra González, autora da publicación e responsable do proxecto: “Consideramos que o espazo público é unha superficie común de aprendizaxe e construción colectiva”
A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro “A vila do mañá, Rianxo” das arquitectas Sandra González Álvarez e Emma López Bahut, a primeira publicación do proxecto “La ciudad del mañana”. O libro foi editado conxuntamente por PØSTarquitectos e a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal). O acto foi presentado polo presidente da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Carlos Henrique Fernández Coto, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, e as arquitectas autoras do libro, Sandra González Álvarez e Emma López Bahut.”