Pontevedra.Bng.Gal 5/12/2025
O Concello de Pontevedra continúa a desenvolver o seu modelo de cidade recoñecido internacionalmente, agora incorporando ás súas accións participativas o proxecto “Pontevedra é A Vila do Mañá”, unha iniciativa dirixida á infancia e á adolescencia que propón entender a cidade como un taboleiro de xogo e un laboratorio de aprendizaxe no que as crianzas poidan descubrir, percorrer e transformar o espazo urbano a través da arte, da arquitectura e da experimentación directa.

