Historia de Galicia 29/07/2020 ““Nun tempo tivemos medo do monte. Era o monte de lobo, do ogro, da escuridade. Era o lugar onde nos podíamos perder. Cando os avós contábannos contos, o monte era o lugar preferido para ocultarse os inimigos, as trampas, as angustias. […] Nun tempo, sentímosnos seguros entre as casas, na cidade, co vecindario. Este era o sitio onde buscabamos ós compañeiros, onde os atopabamos para xogar xuntos”
“Pero en poucas décadas, todo cambiou. Houbo unha transformación tremenda, rápida, total, como nunca a viu a nosa sociedade (polo menos segundo consta na historia documentada). […] O monte pasou a ser fermoso, luminoso, obxecto de soños e desexos. A cidade, en cambio, converteuse en algo sucio, gris, monstruoso“. Esta é a historia de Francesco Tonucci que recolle a web do proxecto A Vila do Mañá.“