Alumnado del Félix Muriel enmarca lugares emblemáticos en el proyecto A Vila do Mañá
La Voz de Galicia 15/05/2026
Alumnado del IES Félix Muriel participó este viernes en una nueva acción enmarcada en A Vila do Mañá, un proyecto nacido en el 2016 que busca conectar a la gente con su entorno más cercano para contribuir así a su cuidado.
Alumnado del IES ‘Félix Muriel’ se implica en ‘A vila do mañá’ para observar Rianxo desde la memoria, patrimonio y vida cotidiana
Diario de Arousa 15/05/2026
El proyecto ‘A Vila do Mañá sigue desarrollando su labor en Rianxo con una nueva acción urbana creada junto con el alumnado del IES ‘Félix Muriel’.
‘A Vila do Mañá’ o novidoso proxecto que tivo lugar hoxe en Pontecesures
El Correo Gallego 08/07/2025
Unha iniciativa lúdica e pedagóxica para concienciar aos máis mozos a través do xogo
Repensando o Vimianzo do futuro a través da infancia e o coñecemento
El Correo Gallego 29/12
Vinte e un nenos e nenas de Vimianzo están participando activamente esta semana no programa A vila do mañá, que os converte en protagonistas e artífices da transformación e do futuro da súa localidade para que esta sexa máis sostible, segura e, sobre todo, para as persoas.
Trátase dunha iniciativa impulsada no ano 2016 pola arquitecta Sandra González, coordinada e patrocinada por Apatrigal, que ten como obxectivo que os máis novos “sexan os donos das vilas e cidades e exerzan o seu dereito a transformalas, previo coñecemento das mesmas”. Para iso os pequenos vimianceses están afondando no coñecemento da súa vila, facendo súas as rúas (na medida en que a choiva o permite) partindo dunha concepción do espazo urbano como un enorme taboleiro de xogo en tres dimensións para que “o exploren, recoñezan e sexan capaces de modificalo”, sinala a promotora.
O primeiro día pedíuselles que debuxasen o elemento ou espazo de Vimianzo que é máis significativo para eles, e “a resposta foi unánime: o castelo”. A partir de aí as nenas e nenos participantes construíron en 3D unha estrutura semellante.
O pasado martes, aproveitando que no chovía, desenvolveron unha proposta de urbanismo táctico, apropiándose da céntrica rúa Candil, que comunica a praza da Igrexa cun dos parques infantís, deixándoa baleira de coches por unhas horas. Nese tempo déronlle cor á rúa pintando trazos de distintas cores. “O que pretendemos transmitir é que as vilas e as cidades son das persoas”, afirma González Álvarez.
A este respecto subliña que a “maioría das vilas son camiñables en menos de 15 minutos e están rodeadas de zonas verdes”. Con este proxecto búscase promover unha concienciación da sociedade para recuperar para as persoas os espazos urbanos, que foron colonizados polos vehículos motorizados.
Sandra González considera que esta é tamén unha oportunidade para que os concellos repensen un futuro distinto para as nosas vilas, pero para iso é preciso “xerar vínculos de identidade cos lugares nos que habitamos”.
Ese é un dos fins deste programa, conformado por actividades que xiran arredor de sete conceptos fundamentais: a lingua, a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade e a cidade, e que ten como ferramentas necesarias o punto, a liña, o plano e o elemento tridimensional.
Trátase de que o lugar se transforme en algo dinámico, “que xa non é aprehendido, senón que pode ser modificado por eles mesmos, outorgándolles un papel protagonista que normalmente, na creación de espazos, non se lles dá ou queda reducido a un ámbito de xogo máis controlado, como o patio do colexio ou a área infantil coutada dos parques”.
A vila do mañá naceu despois da crise económica derivada do boom inmobiliario. Lonxe de servir de aprendizaxe, “olvidouse e volveuse a facer o mesmo, polo que pensei que esa era unha oportunidade para replantexar e repensar o que estamos a facer”, sinala Sandra González. Logo de percorrer a maioría dos concellos da ría de Arousa, e de pasar tamén por Malpica de Bergantiños e Carballo, o programa “está en continuo proceso de evolución” e a disposición de todos aqueles concellos que desexen aproveitar unha oportunidade para reformular o seu futuro.
Comienzan en Vimianzo los talleres de la iniciativa «A vila do mañá»
La Voz de Galicia 29/08
El proyecto pretende despertar conciencias entre los más pequeños sobre el entorno en el que viven.
A Vila do Mañá transforma Touro da man dos mozos
El CorreoGallego 29/08
Con grafitis nas paredes, muros e valados tomaron conciencia da súa arquitectura, o urbanismo, o patrimonio e a paisaxe.
Os rapaces carballeses deseñan ‘A vila do mañá’
El Correo Gallego 30/12
Un libro recolle as propostas dos máis mozos // O proxecto quere estimular unha actitude crítica entre os nenos para que comecen o seu desenvolvemento como cidadanía activa
“Touro convértese na Vila do Mañá”
El Correo Gallego 16/08
A través de grafitis feitos nas paredes e muros, os mozos tomaron conciencia da arquitectura, patrimonio, urbanismo e paisaxe da capital municipal, Fonte Díaz. Pintaron 65 metros cadrados de valados. A actividade logra xerar un vínculo identitario dos máis novos coa súa localidade de orixe.
“La arquitecta que busca el vínculo de los jóvenes con el lugar donde viven”
El Correo Gallego 16/08
MÁS ALLÁ. La primera imagen que se le viene a la cabeza de un arquitecto a cualquier mortal es la de un profesional que le da forma a las construcciones que habitamos o empleamos en nuestro día a día. Pero la labor de Sandra González va un paso más allá, y lo que busca con su proyecto de A Vila do Mañá es que las nuevas generaciones tomen conciencia de esta profesión, pero también del patrimonio, urbanismo y paisajes que tienen delante de sus ojos a poder ser de forma lúdica. Así, en Fonte Díaz (Touro) puso a la chavalada a realizar grafitis previa charla para contextualizar los proyectos que iban a acometer… y todo con un fin último: a partir del conocimiento, generar un vínculo identitario entre los vecinos a partir de diez años y el núcleo poblacional en el que desarrollan su día a día de una manera comprensiva, pero también crítica.

