elCorreoGallego 08/08
A través do xogo. O proxecto da arquitecta Sandra González arrincou no 2016 e ata o momento chegou a 19 concellos de Galicia. O propósito está en que as novas xeracións cren vínculos de identidade cos espazos nos que habitan.
elCorreoGallego 08/08
A través do xogo. O proxecto da arquitecta Sandra González arrincou no 2016 e ata o momento chegou a 19 concellos de Galicia. O propósito está en que as novas xeracións cren vínculos de identidade cos espazos nos que habitan.
elCorreoGallego 03/08
O Concello de Touro acollerá do 9 ao 13 de agosto (en horario de 10.00 a 14.00) A Vila do Mañá, un proxecto educativo que pretende transformar a imaxe da localidsde de Fonte Díaz coa implicación da veciñanza moza, a partir dos 10 anos.
El Correo Gallego
Unha valoración moi positiva. Ese é o resultado das xornadas postas en marcha para a cativada durante a Semana Santa no marco do programa A vila do mañá. Un proxecto educativo e de divulgación que, en verbas do departamento de Cultura do Concello arzuá, “a través do xogo e da creatividade transforma o lugar que habitamos dando voz aos que habitualmente non a teñen; aos nenos e aos adolescentes, impulsando o seu dereito para formarse un xuízo propio do hábitat no que viven e a poder expresalo e poñelo de manifesto”, sinalan fontes municipais.
A arquitecta Sandra González é a monitora e organizadora destas actividades que logran conectar aos máis cativos coa súa vila e que xa chegaron a varios municipios. Nesta ocasión o programa celebrouse os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 e 5 de abril e nel participaron un total de trinta menores, completando todas as prazas convocadas.
Con esta iniciativa, que ao mesmo tempo serve para axudar á conciliación, “búscase tamén estimular unha actitude crítica dos máis novos para impulsar o seu desenvolvemento como unha cidadanía activa”, apuntan,
Durante as cinco xornadas os participantes desfrutaron de propostas en espazos do casco urbano como a Praza de Galiza, o Multiusos Terra do Queixo, o aparcadoiro municipal ou a contorna da Escola Infantil. A concelleira de Cultura, Aurora Varela, apuntou que este proxecto oferta “un espazo de lecer diferente, creativo e sustentable que traballou a paisaxe e o entorno urbano do noso día a día”. Confirmou que o Concello “fará todo o posible” para darlle continuidade. A primeira edición de A vila do mañá foi en setembro.”
O Correo de Bergantiños 17/12/2020 “Dous anos despois dunha primeira e positiva experiencia, este Nadal regresa a Carballo o proxecto “A vila do mañá”. A consecuencia das restricións marcadas pola COVID terá que levarse a cabo a través dun formato virtual, para que os nenos e nenas de 6 a 12 anos diseñen o Carballo do futuro.“
El Correo Gallego 19/08/2020 “Malpica. Nenos e nenas de seis anos en adiante poderán participar do 24 ao 28 de agosto na terceira edición do obradoiro A vila do mañá. Unha iniciativa que, segundo sinalou o alcalde, Walter Pardo, pretende que os pequenos “tomen conciencia sobre a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe do noso concello a través de xogos”“
El Correo Gallego 27/12/2019 “Haberá obradoiros dirixidos aos nenos e nenas A Escoliña Vella do Concello de Malpica acollerá obradoiros do programa A vila do mañá, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña que pretende que se tome conciencia, a través dos xogos e desde a infancia, da arquitectura, o patrimonio tanxible, o urbanismo e a paisaxe. Serán os días 30 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. As inscricións poderán formalizarse no Departamento de Cultura. Antes de visitar o Concello de Malpica, que preside Walter Pardo, o programa xa pasou por concellos como Rianxo, Ames, A Pobra, Cambados ou Arteixo, e conta co apoio da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, o Colexio de Arquitectos de Galicia e a Asociación para a Defensa do Patrimonio.“
El Correo Gallego 05/07
O proxecto didáctico de carácter urbanístico “A vila do Mañá”, creado e dirixido pola arquitecta Sandra González no ano 2016, celebrará a vindeira semana unha nova edición baixo o título “Na Vila do Mañá hai mulleres”.
El Correo Gallego 10/03/2019 “Se trata de una innovadora iniciativa, dirigida por la arquitecta Sandra González, en virtud de la cual ciudades y villas se convierten en tableros de juegos y laboratorios de experimentación para que los jóvenes aporten su mirada sobre los espacios en los que viven. Mediante una serie de juegos en los espacios urbanos, se busca conocer cómo ven los chavales los lugares en los que residen y, sobre todo, cómo quieren que sean en el futuro.“
El Correo Gallego 30/08
Os alumnos do obradoiro de urbanismo e patrimonio de ‘ A Cidade do Mañá’ tomaron onte a Praza do Sol, xunto a igrexa de Santa Uxía, e cal encintaron por completo distribuidos en catro equipos.
El Correo Gallego 29/08/2017 “El obradoiro pretende dotar a los niños de las herramientas necesarias para desarrollar su creatividad desde el arte y la arquitectura con el objetivo de provocar en ellos una nueva mirada a los espacios en los que habitan.“